Consultar ensayos de calidad


Comentario De texto Das Cortes De Cadiz



Os textos cómpre situalos nun longo proceso histórico caracterizado polo enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados: o absolutismo e o liberalismo. Abranguen dende a invasión napoleónica en 1808 (Doc. 1) ata a morte de Fernando VII e a posterior conversión da súa muller na rexente do reino (Doc. 5). Xa que logo, estaríamos na etapa que marca o inicio da revolución liberal española que tivo a súa maxima expresión nas Cortes de Cadiz (Doc. 2) pero co retorno a España de Fernando VII, emerxeu un grave problema político: os liberais esixían que o rei acatase e aprobase os decretos de Cadiz e a Constitución de 1812, pero os absolutistas defendían que o rei debía recuperar a plenitude da súa soberanía e declarar nulas todas as reformas (Doc. 3), este levantamento propiciou a restauración do absolutismo e do Antigo Réxime que mantívose ata 1820 cando maila as protestas absolutistas, ante o éxito dos pronunciamentos liberais, Fernando VII encontrabase sen apoios e tivo que xurar a Constitución (Doc. 4) a favor do liberalismo que mantívose ata 1823. En 1823, restaurouse o goberno absolutista e abrangueu unha década ata a morte de Fernando VII. A cal carrexou unha disputa pola sucesión, que levou a que María Cristina sentise a obrigación de xurar e restaurar a Constitución de 1812 a favor dos liberais, facendo que estes recuperasen o poder.


A comezos de 1808, a entrada e presenza das tropas francesas en Españapara invadir Portugal causou un forte malestar popular. Ese temor foi aproveitado polos partidarios do fillo do rei, Fernando VII, para promover un golpe de estado coñecido co nome do Motín de Aranxuez en marzo do mesmo ano, o cal conseguiu que Carlos IV abdicara no seu fillo e con temor ante a evolución dos feitos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón. O cal aproveitou as circunstancias para que Fernando lle devolvera os poderes ao seu pai e este cedera os poderes a Napoleón a cambio de posesións, rendas e privilexios en Francia. Foi entonces cando o rei de Francia nomeou ao seu irman, Xosé Bonaparte, rei de España.


Co novo reinado, a familia real trasladouse a Francia, o que provocou un gran malestar e descontento en Madrid que acabou coa Guerra da Independencia que non so loitaban contra os franceses, senón que tamén tentaron a reconstrución do Estado, a través da promulgación dunha Constitución para o Estado español e unha modernización global das súas estruturas, de acordo cos preceptos liberais implícitos nas ideas iluministas e racionalistas.
A tarefa das Cortes de Cadiz foi crear un corpo lexislativo de caracter liberal sobre o que crear un novo orde social que acabase coa sociedade estamental que caracterizara a España ata ese momento. O produto deste labor foi a Constitución de 1812, chamada «A Pepa» pois promulgouse na festividade de san Xosé. Esta constitución foi o primeiro texto constitucional co que contou España. Estabanrepresentados os tres estamentos. Os liberais, os conservadores e os burgueses.
As Cortes crearon un novo sistema político baseado no principio da soberanía nacional, coa monarquía como forma de goberno, pero con división de poderes. Tanto o Rei como as Cortes posuían a facultade para crear leis de forma conxunta. Ademais, recoñecíanse dereitos como a liberdade de imprenta, a igualdade xurídica, a inviolabilidade do domicilio etc.


Non obstante, estes adiantos foron suspendidos polo Decreto de 4 de maio de 1814 do rei Fernando VII, que decreta ilegais as Cortes de Cadiz, e a súa obra lexislativa posterior, fundamentalmente a Constitución de 1812.
Moi poucas son as persoas que manifestan a súa hostilidade ao monarca tras o decreto do 4 de maio. Hai que ter en conta que a Constitución de 1812 non beneficiaba en absoluto aos campesiños, xa que lles quitaba a propiedade xurisdicional das terras que lles permitía facer un uso usufrutuario das mesmas, sen prexuízo dos impostos que tiñan que pagar ao nobre. Por esta razón, o campesiñado apoiou a Fernando VII e posteriormente ao seu irman Carlos que representaba a opción anti liberal. Tras a derrogación da constitución de 1812 (la Pepa), os militares liberais son trasladados e arrestados en Africa; e os disturbios en Madrid, de pouca entidade, son acalados rapidamente polo exército. Restablecese o Consello de Castela, destitúese aos alcaldes, restablécense as capitanías xerais, regresa a Compañíade Xesús, reavivase a Inquisición e perséguese aos afrancesados. Non obstante, os campesiños non obtiveron as vantaxes que pretendían, e a nobreza acaparou a propiedade plena da terra, co que o campesiñado convertíase nun asalariado a partir da promulgación da constitución do 19 de marzo de 1812 que xa non se derrogaría neste sentido. Esta reforma sobre a terra beneficiou a nobreza e sobre todo a burguesía. Fernando VII nunca a derrogou. Por todo iso, os campesiños puxeron ao final as súas esperanzas na causa carlista. En España, non existe unha revolución burguesa como no resto de Europa. En España, hai una burguesía temerosa da revolución e cuxa maior aspiración é adquirir un estatuto nobiliario. A burguesía española alíase coa nobreza e nunca co campesiñado que é o que, en realidade, tiña a forza para apoiar unha revolución burguesa.
Algúns pronunciamentos liberais sucedéronse ao longo destes anos contra o absolutismo fernandino, pero sen éxito: Espoz e Mina no 1814, Díaz Porlier no 1815 e o xeneral Lacy no 1817 foron os mais destacados.
A pesar diso, o 1 de xaneiro de 1820, o coronel Rafael de Riego nas Cabezas de San Juan xunto a outros oficiais liberais proclama a Constitución de Cadiz. O movemento debilítase e en marzo esta ao borde do fracaso, pero en Galicia prodúcense varios levantamentos que se unen proclamando tamén a vixencia da Constitución gaditana. O efecto é seguido en diferentes puntos de España. O 7 de marzo, ossublevados e o pobo ocupan os redores do Palacio Real de Madrid polo que o rei vese obrigado a aceptar a Constitución. Este levantamento obrigou a Fernando a anunciar o seu propósito de 'Marchar por la senda constitucional'. Esta boa vontade frustrouse ante a incapacidade do rei de reinar nun réxime constitucional, produciuse unha radicalización do goberno e Fernando pediu axuda aos soberanos da Santa Alianza, quen puxeron en mans de Francia a desaparición do réxime liberal español.


Tras isto, un exército denominado os Cen Mil Fillos de San Luís, invadiu a península (abril 1823). Ante o perigoso avance dos franceses a Corte trasladouse a Sevilla co rei, mais tarde deixarono marchar e logo os deputados fuxiron (previa represión). Despois de volver ao poder absoluto (1 de outubro de 1823), Fernando non fixo caso das promesas anteriores e comezou unha nova e violenta represión. Comezaba así a denominada Década Ominosa que se caracteriza por unha política absolutista até o seu extremo. Pero os problemas chegaronlle.
Os sectores apostólicos, ao ver que Fernando non reinstauraba a Inquisición retiraronlle o apoio para apoiar ao infante Carlos.
Morta a súa terceira dona, casase coa súa sobriña María Cristina de Borbón e deste matrimonio nace a infanta, a futura Isabel II. Nacida Isabel, as esperanzas dos apostólicos do reinado de Carlos víanse ameazadas, pero en 1832 mentres o rei parecía estar a morrer intentaron un golpe contra o pazo real,que asegurara o reinado de Carlos. Fracasado o intento, Carlos marchou a Portugal e a insurrección carlista comezou inmediatamente.
Coa morte de Fernando, María Cristina converteuse en rexente iniciando unha etapa conciliadora, con Carlos.


Cara a 1832 a crise económica e o problema sucesorio expoñense en toda a súa crueza. Os intentos por liberar a economía dentro dun réxime absolutista fracasaron. A iso súmase o problema sucesorio. Aínda que as mulleres non estaban excluídas da liña sucesoria, grazas a derrogación da Lei Salica en 1789 por Carlos IV de España, e Fernando VII contaba con dúas fillas, a princesa Isabel era a primoxénita, había un movemento pola entronización do irman do monarca, Carlos María Isidro de Borbón encabezados polos absolutistas mais recalcitrantes. A enfermidade do rei convertera a María Cristina de Borbón en Rexente. Con habilidade, buscou a alianza dos liberais a cambio da promesa de que coa súa filla Isabel retomaríase un rumbo constitucional moderado de corte liberal. A morte de Fernando VII en 1833, a auto proclamación de Carlos como rei e o mantemento da princesa Isabel como lexítima herdeira, abrira o período das Guerras carlistas pola sucesión da coroa, e o fin do período absolutista.
O ciclo revolucionario de Cadiz conseguiu poñer fin a un réxime absolutista que enmarca un réxime político, un período histórico, unha ideoloxía e unha forma de goberno ou de Estado (o Estado absoluto), propios doAntigo Réxime; caracterizados pola pretensión teórica (con distintos graos de realización na realidade) de que o poder político do gobernante non estivese suxeito a ningunha limitación institucional, fóra da lei divina. É un poder único desde o punto de vista formal, indivisible, inalienable, intranscriptible e libre. Os actos positivos do exercicio do poder (lexislación, administración e xurisdición) apoiaronse na última instancia de decisión: a suprema monarquía, emanando dela, non estando por encima senón por baixo; o que implica a identificación da persoa do rei absoluto co propio Estado: L'Etat, c'est moi ('o Estado son eu').

Foi un período de cambios que concluíu con cambios:

Políticos: Pasouse dun estado absolutista a un mais liberalista.
Culturais: Cambiou a forma como os individuos concibían o mundo e a si mesmos, crecendo un sentimento de confianza na razón e nas capacidades humanas para actuar sobre a realidade e transformala.
Económicos: Naceu o capitalismo e desenvolveuse o mercantilismo, un sistema baseado na acumulación de metais preciosos (ouro e prata), baixo condución estatal.
Sociais: Creceron as cidades e foise manifestando unha crecente coincidencia de intereses entre a nobreza e a burguesía comercial, con todo, a inmensa maioría da poboación seguía vivindo no campo.
Xeopolíticos: Ocorreu unha expansión territorial sen precedentes, impulsada polos mozos estados nacionais,que ademais de enfrontaron en numerosas guerra


Política de privacidad