Consultar ensayos de calidad


As transformacions politicas en España s XVIII



TRANSFORMACIÓNS POLÍTICAS NA ESPAÑA DO XVIII O Estado español enceta o XVIII cunha mudanza de dinastía despois da Guerra de Sucesión (1700-1713, aínda que Cataluña resiste até 1714 e Mallorca até 1715) Esta guerra é causada pola morte sen descendencia de Carlos II e os contendentes procuran un reaxuste xeopolítico de Europa entre as dúas grandes potencias: Francia e Gran Bretaña. Morto o candidato de consenso, Xosé Fernando de Baviera, en 1699, Austria propón ao archiduque Carlos e Francia a Filipe d’Anjou (neto de María Terereixa de Austria, irma de Carlos II) A proposta de Filipe d’Anjou é consecuencia da renuncia dos dereitos de seu pai, pois Gran Bretaña e as Provincias Unidas (Holanda) non vían con agrado que un mesmo rei tivera baixo o seu poder os dominios de Francia e das Españas. Motivo polo que apoien ao candidato austríaco, nunha coalición na que tamén se integran Portugal e Saboya. Ao candidato Borbón lle apoian Francia e Baviera. Nos dominios hispanos, en liñas xerais, a Coroa de Castela apoia ao candidato Borbón e a Coroa de Aragón ao candidato de Austria. Apoios que traeran consecuencias cando a implantación da Casa de Borbón. O triunfo inicial é para a Casa de Austria. O archiduque Carlos chega ser proclamado Carlos III (Zaragoza, xuño de 1706) Mais a morte do emperador Xosé I en 1711, deixa como sucesor ao propio archiduque Carlos, o que significaría, caseque na practica, reinstaurar o explendor da época deCarlos I de España e V de Alemaña. Cousa que non aceptarían ingleses e holandeses. Esta situación propicia a paz. Como consecuencia do Tratado de Utrecht (1713) os Borbóns substitúen aos Habsburgo nos dominios hispanos (mais Filipe V xa renunciara aos seus dereitos sucesorios en Francia en novembro de 1712) Os Países Baixos e dominios italianos de Hispania pasan a Austria. Gran Bretaña obtén Menorca, Xibraltar e o dereito de asento de negros (significa o monopolio do comercio de escravos con América española durante 30 anos






MONARCAS DA DINASTÍA BORBÓN ATÉ 1808 REI FILIPE V LUÍS I FERNANDO VI CARLOS III CARLOS IV ANOS 1700-1724/1724-1746 1724 17746-1759 1759-1788 1788-1808

Ao longo da Dinastía Borbónica, e até as guerras napoleónicas, podemos apreciar certo continuismo das políticas de Filipe V por parte dos seus sucesores Fernado VI e Carlos III. Con Carlos IV, a Revolución Francesa condiciona a política ilustrada dos seus predecesores ao estabelecer Floridablanca un “control sanitario para afastar aires revolucionarios”. CARACTERÍSTICAS DA HISPANIA BORBÓNICA CENTRALIZACIÓN POLÍTICA Filipe V introduce o sistema centralista de Luís XIV mediante os Decretos de Nueva Planta. Estes supoñen a supresión das Liberdades dos reinos e países da Coroa de Aragón (contraria na Guerra Sucesión) Mais tamén esta política centralizadora (mais que centralista) afecta a outros territorios como as Provincias Vascas e Navarras, quemanteñan os seus privilexios (orixe do actual sistema foral e fiscal) mercede a unha graza real en agradecemento polo apoio dado (mais xa non é un dereito, é unha graza do soberano) Esta decisión implica medidas políticas (abolición Generalitat, Cortes e Consello de Cento), administrativas (substitución do virrei por un capitan xeral e substitución das vegueries tradicionais por correxidorías), fiscais (implantación do catastro gravando propiedades rurais e urbanas, así como beneficios traballo, comercio e industria), culturais (peche universidades catalas e prohibición do catalan, polo que o castellano sera o idioma administrativo e obrigado na escola) Medidas similares que outros Déspotas Ilustrados estan a aplicar en Europa (política de xermanización no Imperio Austro-Húngaro, de rusificación nos dominios dos zares, )



Mais tamén se acomete unha reforma administrativa en Castela: Provincias (substitucións de virreis por capitans xerais), Reales Audiencias (asuntos xudiciais seguiran modelo francés) Creación dos Intendentes (encargados de asuntos económicos) Nos concellos mantén o correxidor, alcalde maior e síndicos (eleitos polo pobo para a súa defensa) A Centralización tamén afecta posesións ultramar: Creación cargo Intendente para reforzar poder real. Supresión das encomendas. Traslado da Casa de Contratación de Sevilla a Cadiz, mais estratéxico e favorecido pola instalación de asteleiros (esta decisión beneficiaa burguesía gaditana) Creación do virreinato de Río de Plata (1776) segregado do de Perú e que abrangue as actuais Arxentina, Uruguai, Paraguai, Bolivia e Sur do Brasil. Creación do virreinato Nueva Granada ou Santa Fé (1717), que abrangue a Gran Colombia e con capital en Bogota (actuais Colombia, Venezuela, Ecuador, Panama, oeste de Guaiana, parte do norte de Perú e Brasil) Exclusión dos criollos da administración, o que provoca protestas que derivan en revoltas indíxenas (Tupac Amaru) duramente reprimidas. Outras medidas uniformizadoras impulsadas por Filipe V: unifica formas de goberno, o dereito público e privado (Medida que afecta a reinos, territorios e até estamentos, e que implica eliminar privilexios e dereitos privados) Elimina os privilexios de estranxería (entendendo como tal a quen non reside no seu territorio, exemplo: catalan en Castela) a fin de crear unha sóa nacionalidade xurídica (medida favorecida pola perda dos dominios europeos) A Centralización e reforzamento do poder real vai provocar a supresión dos Consellos, agas o de Castela, e a creación de Secretarias de Despacho (Estado, Guerra, Marina, facenda, Xustiza e Indias) Aplica unha política regalista (reforzo do poder real) que culmina coa expulsión dos Xesuítas no reinado Carlos III (1767) e a creación en 1787 da Xunta Suprema de Estado (precedente Consello de Ministros) POLÍTICA EXTERIOR Son anos de paz até o reinado de Carlos III, obrigadoparticipar Guerra 7 anos (1756-1763) dende 1761 por por do Terceiro Pacto de Familia (1758-1761, pactos entre Borbóns de Francia e España para manter estabel unha alianza internacional fundamentalmente contra Gran Bretaña e Austria) pola intervención britanica en Honduras. A Paz de París de 1763 obriga a cesión a Gran Bretaña de Florida e dos territorios do Golfo de México (recuperados tras Tratado Versalles 1783 que pon fin guerra independencia EEUU), mais recupera Habana e Manila e consigue a Louisiana. Apoia a EEUU na guerra independencia (1776-1783) En 1782 recupera Menorca. Loita contra os berberiscos no norte Africa para frear piratería. MEDIDAS ECONÓMICAS As decisións políticas de Filipe V veñen xustificadas pola necesidade de sacar aos reinos do estado de bancarrota e crise económica na que se atopan paracticamente dende a época de Carlos I. Loita contra da corrupción administrativa e creara novos impostos. Adapta as medidas mercantistas de caracter proteccionista (non esquezamos a influencia de Colbert), así como impulsara a agricultura e creara manufacturas reais. O resultado en xeral é positivo. Intenta reformar a Facenda para mellorar a recadación tributos mediante a unificación e racionalización. O Catastro de Ensenada (1749, Coroa de Castela) grava en proporción a riqueza dos contibuíntes. Propón tamén a redución do Estado as Cortes e ao exército, o que provoca a oposición nobiliaria que fara fracasar o proxecto.Intento de potenciar a actividade comercial con América para que as colonias sexan mais rentabeis, creando Compañías Comercias semellantes Inglesas e Holandesas. En 1778, Carlos III, permite o libre comercio coas Indias, que racha co monopilio gaditano-hispalense. A potenciación do comercio esixe barcos para que se precisa construír os astaleiros Ferrol, Cadiz, Cartaxena, Habana. Impúlsase a creación de Academias co fin de divulgar os principios culturais da Ilustración. Parella a esta creación é a das Sociedades Económica de Amigos do País (preocupadas polo avance científico e progreso económico)




Entre 1765 e 1775 creanse en España 63 sociedades (A primeira a Sociedad Bascongada de Amigos del País 1765 impulsada polo conde de Peñaflorida) Estabelécese unha política de repoboación de territorios incultos, con fins demograficos e produtivos. Afecta a territorios de Serra Morena, Guadalquivir Mellórase a rede de comunicacións, mediante unha rede radial de estradas dende Madrid a Valencia, Galiza, Andalucia, Cataluña, Impulso de Reales factorías e empresas privadas, como a siderurxia e fabrica de louza de Sargadelos. Creación do Banco de San Carlos (1782) precedente Banco de España, que a súa vez ten o seu precedente no Xiro Real de 1752 (creado para favorecer a transferencia de fondos públicos fóra das Españas. Por este sistema a Facenda controla as operacións de troca co estranxeiro, o que beneficia aoestado) Creación da loteria Nacional (10-XII-1763 primeiro sorteo) para recadar fondos sen recorrer directamente a impostos. POLÍTICA SOCIAL O intento modernizador, especialmente con Carlos III e os seus ministros ilustrados, non é sempre ben aceptada. Especialmente cando se trata de medidas tendentes a mermar o poder da nobreza e/ou da Igrexa. Por exemplo, a oposición social a Esquilache: Motín subsistencia polas malas colleitas e suba de impostos por causa Guerra Sete anos. A desculpa do motín, o bando que manada recortar capa e o chapeau. Mais detras estan a nobreza e os xesuítas contrarios reformas ilustradas. Medidas como a Pragmatica (1783) que propón medidas para integración xitanos que afectan a comunidade paya como caló. Reorganización do Exército: Reales Ordenanzas de 1783 que se mantiveros até o século XX. Impulsa reformas sociais (beneficiencia) e urbanas (saneamento de Madrid); mais non por iso deixa de ser un Déspota Ilustrado. É dicir un Monarca Absoluto cuxa soberanía ten orixe diviva Entre as medidas mais radicais, a expulsión dos xesuítas (1767, tamén son expilsados doutros territorios dominados polos Borbíns e de Portugal
teñamos en conta que os xesuítas defenden o poder do Papa fronte ao poder real, isto implica non aceptar as políticas regalistas que pretenden impor os monarcas) As súas propiedades son incautadas, sendo empregadas para novos centros de ensino e resindencias universitarias.

6


Política de privacidad