Consultar ensayos de calidad


Criminología - TIPLOXÍA CRIMINAL (Características físicas, biolóxicas, psicolóxicas e sociais)



TIPLOXÍA CRIMINAL

En criminoloxía susténtanse, partindo de varios paradigmas, diversas imaxes e estereotipos do infractor. Esta imaxe é distinta según catro correntes criminolóxicas: a clásica, a positivista, a correcionalista e a marxista.

O mundo clásico, parte dunha imaxe sublime e ideal do ser humano, como dono absoluto de sí mesmo. Fundamenta a responsabilidade do comportamento delictivo no mal uso da liberdade, non o achaca a pulsións internas nin a influencias externas. Para os clásicos, o delincuente non é máis que un pecador que optou polo mal, podendo e debendo respetar a lei.
O positivismo criminolíxico nega o libérrimo control do home sobre os seus actos. Mantén que o que explica a conducta delictiva son factores endóxenos (biolóxicos) e exóxenos (sociais). Para o positivismo criminolóxico o infractor é un prisioneiro da súa propia patoloxía ou de procesos causais alleos ao mesmo.


A filosofía correcionalista ve no criminal un ser inferior, minusválido, incapaz de dirixir por sí mesmo a súa vida, cuxa debil vontade require da eficaz e desinteresada intervención tutelar do Estado.
O marxismo responsabiliza do crime a determinadas estrucutras socioecinómicas. Culpa do conportamento delictivo á sociedade.

A clasificación de delincuentes máis destacada é a de César Lombroso.

Delincuente nato

Lombroso defiene ao delincuente nato como un ser que non evolucionou. Chegou a tal conclusión tras analizar os corpos de dous delincuentes nos que encontrou anomalias anatómicas similares ás dos vertebrados inferiores. Fai dúas comparacións destes criminais con salavaxes (gústanlle tatuarse, as coresprimarias, e ñe supersticioso) e con nenos (non controla as súas emoción e coinciden en cólera, venganza, celos, mentira, ocio). Polo tanto destes estudos Lombroso deduce que o criminal nato é inferior e manifesta as seguintes características físicas e psíquicas

Características físicas:

Fronte huidiza e baixa.
Gran desenrolo das arcadas superficiais.
Asimetrías craniais.
Altura anormal do cráneo.
Fusión do óso atlas.
Gran desenrolo dos pómulos.
Orellas en asa.
Gran pilocidade.
Brazo superior á estatura.

Características biolóxicas, psicolóxicas e sociais

- Frecuencia ao tatuaxe.
- Insensibilidade á dor.
- Zurdería.
- Carencia afectiva.
- Frecuencia de suicidios.
- Inestabilidade.
- Vanidade en xeral.
- Venganza.
- Tendencia ao alcoholismo, xogo, sexo e orxías.
- Uso dunha linguaxe especial (calo).
- Os criminais urbanos teñen perdido o sentido relixioso, mais os criminais rurais adoitan ser debotos.

Delincuente loco moral

A descrición que fixo Lombroso deste tipo de delincuentes foi:

Peso e robustez maior do normal.
Analxesia.
Moi astuto.
Incapacidade de vivir en familia.
Megalomanía (excesiva vanidade).
Pouco traballadores.
Habilidade para disimular a loucura.
Excitables, crueis e indisciplinados.

a— Delincuente epiléptico:

Este tipo de delincuentes homicidas adoitan ter relación moi violentas e, tras cometer o delito non senten ningún tipode remordemento. Son máis perigosos que os “tolos morais”.

As características principais destes criminais son
Tendencias á vagancia.
Amor aos animais.
Sonambuelismo.
Obscenidade (masturbación, homosexualidade,depravación).
Precocidade sexual e alcólica.
Destructiviade.
Canibalismo.
Vanidade.
Grafomanía.
Doble persoalidade ao escribir.
Tendencia ao suicidio.
Cambios de humor.
Amnesia.

a— Delincuente loco:

O delincuente tolo é un suxeito que tras cometer o delito entolece na prisión.
Hai dous tipos de delincuente tolo: o alcólico e o histérico.

a) Delincuente alcólico
Xeralmente ofrecen unha vida anterior moi honesta.
Son apáticos e indiferentes.
A embriaguez provoca a comisión do delito de forma autómata.

b) Delincuente histérico
Son egoístas e propensos ao escándalo.
Vólvense facilmente coléricos, feroces e depresivos.
Facilidade a antipatías e simpatías repentinas.
Inestabilidade.
Necesidade de mentir.
Tendencia ao erotismo.
Delirios e alucinacións.
Nalgúns casos prostitución.

c)Delincuente mattoide:
A palabra mattoide provén de “matto”que significa “todo”. Un delincuente mattoide é unha persoa que está no límite entre a loucura e a razón; é dicir, é unha persoa “case tola”. As características principais son
Escasean entre as mulleres.
Son raros na idade xuvenil.
Abundan nas grandes civilizacións e nos países que teñen unha cultura extraña.
Abundan entre médicos, burócratas, teólogos, etc; mais non entre militares.
Teñen poucas anomalías na fisioloxía corporal.
Son altruistas, sobrios, éticos e moi ordenados.
Os seus crimes son impulsivos, realmente realizados en público.
Teñen delirio persecutorio (perseguen e son perseguidos).
Son querellantes e gostan de litidar.

a— Delincuentes pasionais:
As características deste tipo de delincuentes son:
Idade entre 20 e 30 anos.
Cráneosen signos patolóxicos.
Beleza.
Honestos.
Afectividade esaxerada.
Amnesia momentánea.
Conmoción despois do delito.
Suicidio ou tentativa inmediata ao crime.
Confesan o seu delito.

O delincuente pasional sempre é inmediato e a pasión que a move é noble.

a— Delincuente ocasional:
Distínguense tres gsupos: pseudo criminais, criminaloides e habituais.

Pseudo criminais
Divídense en tres subgrupos
Os que cometen delitos involuntatios.
Os autores de delitos nos que non existe ningunha perversidade, que non causan ningún dano social, pero son considerables fronte a lei.
Os culpables de hurtos, feridas, incendios e determinadas circunstancias como por exemplo a defensa do honor, da pesoa, da familia, etc.
Delitos de falsedade.

Criminaloides
Suxeitos con certa predisposición que cometen o delito porque hai un feito ou un ser que os incita.

Delincuentes habituais
Reciben oncitación a delinquir desde moi novos.

Poden chegar a ser moi perigosos.

Con respecto á clasificación dos delincuentes hai moitas clasificacións máis ademais da de Lombroso, como por exemplo a de Gibbons, que diferencia entre delincuentes xoves e adultos.

Delincuentes xoves

“Pandilleiro ladrón”
Adoitan delinquir contra a propiedade allea, causando roubos con gran escándalo, bandalismo e delitos sexuais. Adoitan comezar a delinquir en idades precoces, a redor dos 8 ou 9 anos. Proveñen de familias de clase obreira, nas que existe rexitamento parental e falta de protección, e vivien en barrios onde abunda a delincuencia adulta. Síntense seguros de sí mesmos e orgullosos por delinquir.

Delincuente pandilleiropendencieiro
Son grupos formados por adolescentes varóns cuxos delitos máis frecuentes son os pleitos con outras pandillas. Adoitan usar distintivos na forma de vestir ou de falar. Moitos deles acaban reaxustándose á sociedade. Proceden de sectores urbanos e viven en barrios onde non hai delincuencia definida pero tampouco un ambiente saludable.

Delincuente pandilleiro ocasional
Os seus delitos adoitan ser pouco serios e frecuentes; participan en pelexas e ás veces en rouobos, e cando fan fano por diversión. Comezan a cortas idades, pero tamen deixan de delinquir cedo, o seu propósito é chegar a ser bos adultos.

Delincuente casual non pandilleiro
Non aditan causar danos graves: hurtos de cuantías baixas, fumar ou emborracharse son algúns deles. Non se ven a sí mesmos como delincuentes nin son considerados como tales pola sociedade. Inícianse entre os 13 e 19 anos e deixan de cometer delitos cando entran na facultade. Proveñen de clases medias.

Ladrón de automóbiles.
Rouban automóbiles por diversión sen ánimo de lucro. Adoitan ser xóvenes inadaptados que forman grupos. Inícianse na adolescencia e hai indiciaos de que se readaptan unha vez finalazada esa etapa. Adoitan pertencer á clase media e en canto ás relación familiares inflúen a falta de comunicación co pai e os cambios de domicilio, que impiden a falta de integración.

Delincuente drogadicto
A maioría cometen delitos para conseguir diñeiro co fin de obter droga. Comezan a idades moi precoces e na mairoía dos casos continuan ata a idade adulta. As clases sociais ás que pertencen son moi variadas, pero os que delinquen para conseguir cartos polo xeralpertencen a clases baixas.

Agresor de perigosidade extrema
Este tipo de delincuentes presentan rexeitamento cara persoas do seu igual, contentanse unicamente con maltratar fisicamente ás súas víctimas. Comezan antes da adolescencia.

Delincuente psicópata
Comete delitos graves de carácter individualista. Perpetúanse a sí mesmos como persoas diferentes das demais, pero non se ven como delincuentes. Cometen poucos delitos de orde grave, ao chegar á idade adulta adoitan envolverse en problemas mais serios. Non pertencen a unha clase social determinada, hainos en tódalas clases sociais. Proveñen de familias desunidas.

Delincuentes adultos

Ladrón profesional
Ten unha modalidade de trasgresión moi esotérica que emprega técnicas sumamente elaboradas, por exemplo a manipulación de cartos en apostas.
Os datos empíricos que se teñen das estratexias dos ladróns profesionais, permiten ver que se tratan dunha serie e actividades delictuosas e moi complexas, nas que non se recurre á violencia, senón que tratan de buscar unha relación primaria coa víctima, a esta relación séguelle o abuso de confianza e o engano.
Hai certos indicios que fan pensar que neste tipo de delincuentes inflúe un factor de personalidade intrínseco, trátase de un don de simpatía, persuasividade da palabra e habilidade para manipular a outras persoas.

Delincuente profesional consumado
Adoitan realizar delitos de atraco a man armada e roubos con escándalo. A súa habilidade rara vez lles obriga a usar ameazas ou violencia coas súas víctimas. Adoitan actuar en grupo e a mairoía deles comezan a súa carreira de xoves como pandilleiros;proveñen de zonas urbanas de clase baixa.

Semiprofesional do delito en contra da propiedade allea
Ao igual que o delincuente profesional consumado, os delitos que adoitan realizar son os de atraco a man armada, roubos con escándalo e en xeral, delitos contra a propiedade das persoas, pero de maneira pouco habilidosa.

Transgresores por única vez
Cometen unicamente un delito contra a propiedade allea, pero de natureza grave; son persos sen antecedentes penais. É común que realicen a operación sós. A imaxe que teñen de sí mesmos non é a dun criminal, admiten que obraron mal pero xustifícanse alegando que é unha reacción desviada á súa conducta normal. Proceden de familias normais e ben integradas, polo xeral de clase media baixa.

Ladrón de automóviles
As características deste delincuente son similares ás da versión adolescente.

Inxenuo falsificador de cheques
Este tipo de delincuentes levan a cabo modalidades improvisadas de timo e de fraude.
Son individuos que expiden cheques ao seu nome e a cargo das súas contas bancarias, sen ter fondos monetarios. Non teñen antecedentes xuvenís. Proveñen de diversas clases socioeconómicas, pero a maioría encaixa na clase media.

Criminal que pasa por funcionario honrado
Antitético
Emprega as súas artes para realizar actividades que non se consideran lexítimas no exercicio da súa profesión.
Conceptúanse a sí mesmos como profesionais íntegros, non como criminais; aínda que admiten que as súas actuación quebrantan a lei, sempre teñen unha xustificación para os seus actos. Inicianse a idades tardías e en moitos casos esas actividades permanecen ocultas e impunes. Sonpersoas de clase socioeconómica media.

Malversador de fondos
Neste grupo inclúense as persoas que abusan dun posto de confianza para defraudar ao seu superior. O malversador é un empregado que destina unha certa suma de diñeiro do seu xefe para o seu propio beneficio, e válese dalgunha alteración dos rexistros contables. Móvese nun medio de interacción social, osténtase como empregado regular e cumplido, mentres que de maneira oculta realiza operacións clandestinas. A maior parte dos malversadores pertencen á clase media.

Lesionador de persoas
Son persoas que cometen delitos graves, xeralmente violentos, contra a integirdade das persoas físicas. As súas víctmas adoitan ser persoas coñecidas para eles. Non hai un patrón específico que caracterice este tipo de criminais, pertencen a todas as clases socioeconómicas, poden presentar ou non problemas psicolóxicos, etc.

Agresor sexual violento
Estes ofensores sexuais dedícanse a vexar mulleres imprimindo nos seus delitros unha coloración sexual moi marcada.
Estes agresores sexuais non se ven a sí mesmos como tal, pero sí admiten que se consideran distintos ao resto de persoas. A maioría destes transgresores non teñen antecedentes penais. Os factores etiolóxicos que incurren na comisión do delito non gardan ningunha relación co medio socioeconómico da delincuente, o máis probable é que proveñan dunha familia cunha forte represión sexual.

Trasgresor sexual non violento
Nesta categoría inclúense trasgresores que realizan exhibicionismo nudista, perversión de menores e incesto.
Diferencianse dos anteriores porque non mostran unha motivación instintual violenta.


Política de privacidad